Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1120/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1120/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Colaboradora con la Seguridade Social número 201 contra a empresa Verdegaban Empresa Constructora, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxo contido é o seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 1120/2015.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Torrado Oubiña.

Demandados:

– INSS e TXSS.

Letrado: Sr. Requejo Gutiérrez.

– Verdegaban Empresa Constructora, S.L.

Sentenza número 775/2016.

A Coruña, 30 de decembro de 2016.

Resolución:

Estimo a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e condeno a empresa Veredegaban Empresa Constructora, S.L., como responsable directa, ao aboamento dos gastos da asistencia sanitaria e pagamento de IT prestada aos traballadores referidos na declaración de feitos probados desta resolución, que ascende a un total de 1.480,01 euros, cantidade que a citada empresa debe reintegrar á Mutua sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de acordo co artigo 126 da LXSS que, en caso de insolvencia da empresa, deberá de aboar á Mutua accionante a suma de 1.480,01 euros polos conceptos expostos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Verdegaban Empresa Constructora, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza