Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 2017 Páx. 3920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (611/2015).

Procedemento ordinario 611/2015

Procedemento de orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: José Antonio Oliveira Figueroa

Avogada: Alicia Muíño Pose

Demandados: Construcción Pública Gallega, S.L., Fernando Mosquera Viéitez e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 611/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Oliveira Figueroa contra Construcción Pública Gallega, S.L., Fernando Mosquera Viéitez e o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución o 15 de diciembre de 2016, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

A parte demandante presentou escrito no cal desiste da demanda; encontrándose citado a xuízo o demandado, dáselle traslado da desistencia polo prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 28 de febreiro de 2017.

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcción Pública Gallega, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza