BDNS (Identif.): 329639.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos titulares dos edificios de vivendas que realicen as actuacións obxecto da subvención e que cumpran co establecido no artigo 7 da orde de bases reguladoras desta axuda.
Segundo. Finalidade
Esta resolución ten por obxecto convocar para o exercicio 2017 as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para as actuacións de mellora enerxética nos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras desta convocatoria de axudas rexeranse polo disposto na Orde do 23 de decembro de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos (DOG nº 249, do 30 de decembro).
Cuarto. Orzamento
A contía será de 500.000 euros, repartidos en 250.000 euros no ano 2017 e 250.000 euros no ano 2018.
A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderá incrementar o crédito orzamentario destinado a estas axudas por producirse algunha das causas establecidas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación da solicitudes será de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2016
Mª Ángeles Domínguez Franjo
Secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo