Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1177/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1177/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emma María Casas Bernabeu contra Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., General de Subcontratas, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Andrés Fernández Díaz, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Construcciones Landro, S.L. sobre ordinario, se ditou con data 23 de decembro de 2016 sentenza co número 430/2016 cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 1177/2013, seguidos por instancia de Emma María Casas Bernabeu, representada e asistida pola letrada Sra. Martín-Esperanza González; contra Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., e contra General de Subcontratas, S.L., que non compareceron ao xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución Española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes:

Que estimando integramente a demanda interposta por Emma María Casas Bernabeu, contra Andrés Fernández Díaz, Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Landro Estructuras, S.L., Construcciones Landro, S.L., e contra General de Subcontratas, S.L., debo condenar e condeno solidariamente os demandados a aboarlle á demandante a suma de 12.278,47 euros polos conceptos analizados no feito probado sétimo desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia tendo que aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución. Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L., Landro Estructuras, S.L., General de Subcontratas, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Construcciones Landro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza