Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3678

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2900/2016 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 2900/2016 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 774/2015. Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: servizo xurídico Seguridade Social

Recorridos: Pizarras Las Cuartas, S.A., Pizarras Gallegas, S.A., Couso Cotado, S.A., Pizarras Dimaca, S.A., Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua MC Mutual, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Manada Vieja, S.A., Valdemar Berciano Puente

Avogado/a: Pablo Espinosa Medina, Wilson Domingo Jones Romero, Marta Carabanchel Sánchez, María del Pilar Pérez García

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2900/2016 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Las Cuartas, S.A., Pizarras Gallegas, S.A., Couso Cotado, S.A., Pizarras Dimaca, S.A., Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua MC Mutual, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Manada Vieja, S.A., Valdemar Berciano Puente, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto polo INSS e a TXSS fronte á sentenza do Xulgado do Social número 4 de Ourense, ditada nos autos número 774/2015, no procedemento seguido por instancia da Fraternidad Muprespa e no cal son partes demandadas, ademais das recorrentes, Valdemar Berciano Puente, Mutual Midat Cyclops, Mutua Universal Mugenat, Pizarras Gallegas, S.A., Pizarras Dimaca, S.A., Pizarras Manada Vieja, S.A., Pizarras Las Cuartas, S.A., Pizarras Intradima, S.L. e Couso Cotado, S.A. Todo iso confirmando a sentenza de instancia e sen condena en custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Las Cuartas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza