Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3680

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3416/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3416/2016 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 119/2016 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Ihor Yaremchuk

Avogada: Raquel Dios Almeida

Recorridos: Fogasa, Fachadas Aifer, S.L.

Avogado: Fogasa

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3416/2016 desta sección, seguido por instancia de Ihor Yaremchuk contra Fogasa, Fachadas Aifer, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

Na Coruña o tres de xaneiro de dous mil dezasete.

O anterior escrito presentado por Raquel Dios Almeida en nome e representación de Ihor Yaremchuk, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso perante esta sala; fáiselle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

No momento de interposición do recurso, unirase á peza separada do RCUD a sentenza achegada como de contraste.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpoñer o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta nº V3674-13).

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso sen prexuízo de que a parte recorrida se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer perante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Fachadas Aifer, S.L., na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza