Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2017 Páx. 3695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 174/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 174/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Vega Vázquez contra Caral Congresos, S.L.U., ditáronse as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Sandra Mª Iglesias Barral.

En Santiago de Compostela o vinte e un de decembro de dous mil dezaseis.

(…)

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Isabel Vega Vázquez, fronte a Caral Congresos, S.L.U., parte executada, por importe de 25.498,25 euros de principal e de 2.549,82 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

(…)

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Proceder ao embargo de bens e ás medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 LAC.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

Á vista do resultado da indagación patrimonial que consta unida a autos e para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que, segundo os datos existentes na aplicación informática, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

– Vehículo matrícula 3674GMD; para levalo a efecto, expídase o oportuno oficio ao Rexistro de Bens Mobles da Coruña, co fin de que anoten este e remitan a oportuna certificación de cargas e gravames que pesan sobre el. En relación co vehículo matrícula 2701HFV, non procede o seu embargo por constar unha limitación de disposición sobre el.

Respecto ao predio número 30.056, inscrito no Rexistro da Propiedade de Ames, non procede o seu embargo á vista das numerosas e elevadas cargas anteriores que pesan sobre el.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 00301846420005001274 aberta no Banco Santander, e sinalar no campo concepto a indicación recurso seguida do código «31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación «recurso» seguida de «31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Caral Congresos, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza