Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento e coordinación dos cadros de indicadores na arquitectura dos sistemas de análise corporativos no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 35/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de desenvolvemento e coordinación do sistema e modelo de análise corporativo da Administración pública galega:

a. Desenvolvemento de cadros de indicadores corporativos.

b. Evolución de cadros de indicadores existentes.

c. Administración e evolución da plataforma base de sistemas de análises corporativos.

d. Colaboración na coordinación metodolóxica dos sistemas de análises corporativos.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 22.6.2016.

DOUE: 21.6.2016.

BOE: 30.6.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.548.720,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 645.300,00 € máis 135.513,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 780.813,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 2.1.2017.

c) Contratista: Álamo Consulting, S.L.

d) Importe de adxudicación: 623.997,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia