Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras: pantaláns para embarcacións menores no porto de Santo Tomé (Cambados-Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 6/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55910

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: pantaláns para embarcacións menores no porto de Santo Tomé.

c) Medio de publicación do anuncio de adxudicación: perfil do contratante.

d) Data de publicación do anuncio de adxudicación: 21 de decembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: negociado sen publicidade e sistema unicriterio (prezo).

4. Valor estimado do contrato: 199.943,92 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 199.943,92 euros. Importe total: 241.932,14 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xaneiro de 2017.

c) Contratista: Astilleros Amilibia Untziolak, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto: 165.000,00 euros. Importe total: 199.650,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia