Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2017 Páx. 3543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de xestión do ciclo de vida de diversas aplicacións (expediente 59/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a prestación do servizo de xestión do ciclo de vida de desenvolvemento e instalación nas contornas corporativas da Amtega de diversas aplicacións, así como o soporte de segundo nivel especializado. Todas estas actividades están orientadas a garantir a continuidade da plataforma de sistemas de información xestionada na Amtega.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.7.2016.

DOUE: 16.7.2016.

BOE: 27.7.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.162.304 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 447.040 € máis 93.878,40 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 540.918,40 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.12.2016.

b) Data de formalización do contrato: 29.12.2016.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 421.660,80 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia