Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 546/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 546/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Barbeito Rey contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Mega 2 Seguridad, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é:

Acordo:

Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

Ter a demandante por desistida da demanda fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza