Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2017 Páx. 3343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 2 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se lle notifica a unha entidade a Resolución do 17 de novembro de 2016 ditada no expediente sancionador en materia de xogo P-1/16.

O día 17 de novembro de 2016, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, unha vez intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao desa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-1/16.

Interesada: Recreativos Veiga, S.L.

DNI/NIF: B36642684.

Último enderezo coñecido: Vía Hispanidade, 61, baixo, Vigo.

Data da resolución: 17 de novembro de 2016.

Precepto infrinxido: artigo 56 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro.

Tipificación: artigo 28.g) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Sanción: 18.000,01 euros.