Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 37/2015).

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Matías Regueira Muñiz

Avogado: Luis Méndez Torres

Procuradora: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Galca Networks, S.L., Renovatio Trade, S.L., Fogasa

Avogado: Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 37/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matías Regueira Muñiz contra Galca Networks, S.L., Renovatio Trade, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3

Santiago de Compostela

Sentenza: 341/2016

Rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, CP 15707

Teléfono: 881 99 71 24/25

Fax: 881 99 71 26

Equipamento/usuario: MB

NIG: 15078 44 4 2015 0000101

Modelo: N02700

PO procedemento ordinario 37/2015

Procedemento orixe: /

Sobre: ordinario

Demandantes: Matías Regueira Muñiz

Avogado: Luis Méndez Torres

Procuradora: Delfina Pariente Pouso

Avogado: Fogasa

Sentenza:

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co nº 37/2015, nos cales son parte, como demandante, Matías Regueira Muñiz, asistido polo letrado Sr. Méndez Torres e, como demandadas, Galca Networks, S.L. e Renovatio Trade, S.L., que non comparecen a pesar de estaren citados en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome de S.M. o Rei, con base nos seguintes [...]

Decido:

Estimar a demanda interposta por Matías Regueira Muñiz contra Galca Networks, S.L. e Renovatio Trade, S.L. e, en consecuencia, condenar solidariamente as demandadas a aboaren ao demandante a cantidade de 12.944,59 euros, en concepto de salarios e cantidades asimiladas debidas, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, máis a cantidade de 697,97 euros cos xuros legais desde a data da demanda, sen prexuízo da responsabilidade, se for o caso, do Fogasa.

Condénanse as codemandadas solidariamente ao pagamento dos honorarios de asistencia letrada á demandante, dentro do límite legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles ou de beneficiaria do réxime público de seguridade social ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta, demostre ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como demostrar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituíren o depósito e a consignación indicada as persoas e as entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Renovatio Trade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza