Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 928/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 928/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yuri Ignacio Enciso González contra o Fondo de Garantía Salarial, Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., sobre ordinario, ditouse:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Yuri Ignacio Enciso González, contra a entidade Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.252,39 euros líquidos por salarios devindicados en xullo de 2015 e liquidación, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso. Asinado por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo R Rehabilitaciones 2013, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza