Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2459

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (648/2015 bis-2).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 648/2015 bis-2, por instancia de José Antonio Añón Rodríguez contra a empresa Sumtec, S.L. e as empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., o administrador concursal de Sumtec, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2 de decembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda de reclamación de cantidade interposta por José Antonio Añón Rodríguez fronte ás empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño e Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L. (desistida), o administrador concursal de Sumtec, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese ás empresas General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. das pretensións fronte a elas exercidas.

– Condénanse solidariamente as empresas Sumtec, S.L. y Puertas Blindex, S.L. a aboar ao demandante a cantidade dezaoito mil catrocentos euros con catorce céntimos de euro (18.400,14 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal de Sumtec, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L. e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 20 de decembro de 2016

A secretaria xudicial