Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2455

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (363/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 363/2014 por instancia de David Expósito da Silva contra Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 12 de decembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase parcialmente a demanda formulada por David Expósito da Silva fronte á empresa Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, S.A. a aboar a David Expósito da Silva a cantidade de dous mil setecentos dezaoito euros con sesenta e oito céntimos de euro (2.178,68 euros), devindicando a devandita cantidade o interese previsto no artigo 1.108 do CC.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cadena Noroeste de Medios de Comunicación, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 20 de decembro de 2016

A secretaria xudicial