Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2451

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (454/2014).

Begoña Acha Barral, letrada da Administración de xustiza de reforzo de familia de Vigo, certifica que no presente procedemento se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza nº 591.

En Vigo 6 de outubro de 2015.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de primera instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os autos do procedemento sobre garda e custodia e alimentos de fillos menores número 454/2014, seguidos por instancia de Susana Alejo Liaño, representada procesualmente pola procuradora señora Lima Casas e asistida da letrada señora González Fernández, fronte a José Carlos Ogando Parada, en situación de rebeldía procesual, con intervención do ministerio fiscal dada a existencia dun fillo menor en común.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que, considerando parcialmente a demanda de xuízo verbal promovida pola procuradora dos tribunais señora Lima Casas, en nome e representación de Susana Alejo Liaño, fronte a José Carlos Ogando Parada, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas persoais e económicas respecto do fillo común Álvaro Ogando Alejo:

Primeira. Atribúese á nai a garda e custodia do menor.

Segunda. Imponse ao pai a obriga de aboar, en concepto de pensión de alimentos a favor do seu fillo, a cantidade de 300 euros mensuais, que deberá ingresar por meses anticipados, nos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que para tal efecto designe a demandante.

A devandita suma será revisada anualmente en proporción ás variacións do índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou calquera outro organismo público que no futuro poida cumprir análoga función.

Así mesmo, o pai deberá aboar a metade dos gastos extraordinarios en que incorra o menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención do menor na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de prótese, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a estas, as actividades extraescolares, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios tramitarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Non se efectúa un especial pronunciamento sobre as custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, nos prazos e termos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e para a súa notificación a José Carlos Ogando Parada en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 26 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza