Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01985-S-2016 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01985-S-2016 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 2 de decembro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01985-S-2016

0881-FZD

Renovados de las Cinco Jotas de Galicia, S.L.

B36978716

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
4.2.2016; 18.45; r/ Conde de Torrecedeira

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02690-O-2016

8040-HBS

Southern Ocean, S.L.

B27727775

A carencia, falta de datos esenciales, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.
16.3.2016; 11.12; AP-9; 137,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02852-I-2016

9941-GZM

Popovici Mihai

X3668128L

A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

24.8.2016

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-03309-O-2016

PO-8203-BH

Enrique García Chan

35322895R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.
14.4.2016; 22.17; A-52; 305,0

Art. 141.25 en relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03410-O-2016

C-0063-AV

Enrique García Chan

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.
23.5.2016; 21.00; A-55; 12,0

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03798-O-2016

7521-JKJ

Milagros Otero Gabian

44674428X

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

19.5.2016; 18.47; A-52; 299,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros