Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2017 Páx. 2475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de modificación de contrato de xestión de servizo público regular de transporte de viaxeiros de uso xeral V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro de Présaras-Mezonzo, da titularidade de Autos S. Vázquez, S.L.

No Diario Oficial de Galicia do 2 de decembro de 2016 publicouse a Resolución do 4 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se sometía a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público regular de transporte de viaxeiros de uso regular V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro de Présaras-Mezonzo, da titularidade de Autos S. Vázquez, S.L.

Advertido erro na documentación posta a disposición dos interesados, no relativo ao excel coas liñas, rutas, expedicións e horarios, acórdase abrir novamente, un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados ou afectados no expediente podan persoarse no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.coruña@xunta.es