Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, do servizo consistente na subscrición dunha póliza de seguro que cubra os riscos das embarcacións desta consellería (expediente 2/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na subscrición dunha póliza de seguro que cubra os riscos das embarcacións da Consellería do Mar.

c) División por lotes e número: non leva.

e) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de 12 meses, contados desde o 1 de maio de 2017.

f) Admisión de prórroga: si, poderá prorrogarse tres anos máis, por períodos de 12 meses.

g) CPV: 66514150-2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, documentalmente simplificada.

Criterios de adxudicación: os recollidos na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 36.000 € (exento de IVE).

Valor estimado: 144.000 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: segundo as letras J e K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 40 80/981  54 15 80 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables excepto os sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93977

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación, mediante fax (981 54 50 03), burofax, telegrama ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8 g).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar