Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada da subministración de unidades de identificación para gando bovino, ovino e cabrún durante os anos 2017 e 2018 (expediente 4/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 914.000 unidades de identificación para gando bovino e 66.000 para gando ovino e cabrún.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: o contrato executarase nas anualidades 2017 e 2018, cunha única entrega anual.

e) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais, ata un máximo de dúas anualidades.

f) CPV: 03340000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: automáticos, recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 723.988,60 €, IVE (21 %): 152.037,60 €. Importe total: 876.026,20 €. Valor estimado: 1.737.572,64 € (incluídas posibles modificacións e prórrogas).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas alíneas I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 36.199,43 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48//981 54 57 37 (consultas administrativas)//981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93993

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 30 de xaneiro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores deben presentar mostras, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do día 13 de febreiro de 2017.

11. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios no BOE e no DOG será por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: establécense como condicións especiais de execución as recollidas no apartado U do cadro características.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural