Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 15 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario, de mangueiras para os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Xunta de Galicia, durante os anos 2017 e 2018 (expediente 3/2017).

Advertido erro na mencionada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 4, do 5 de xaneiro de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

No punto 10, letra c), onde di: «Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.», debe dicir: «Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.».