Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións de recursos de alzada no procedemento BS626F.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, dE réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícanse mediante este edicto as notificacións coas resolucións sobre os recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos. As notificacións destas resolucións poñen fin á vía administrativa, contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses (2) contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Infórmaselles ás persoas que se citan no anexo que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo (rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar), en horario de mañá entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Vigo, 21 de decembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Apelidos e nome

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución

Data Resolución

Iglesias Paratcha, José Antonio

53113789G

36057010316

Recurso de alzada desestimado

29.8.2016

Moure Parada, Javier

76910656J

36039005615

Recurso de alzada desestimado

29.9.2016

Pérez Rodríguez, Pablo

36137612N

36057013715

Recurso de alzada desestimado

7.9.2016

Rodríguez Domínguez, Carina

35556160T

36042006315

Recurso de alzada desestimado

19.9.2016