Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a corrección dun erro na documentación que fai referencia á Resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do contrato de servizo para a realización de labores de seguridade e saúde da obra da variante de Aradas en Santiago de Compostela (clave AC/10/020.01, expediente AT/013/2016).

No Diario Oficial de Galicia número 2, do 3 de xaneiro de 2017, publicouse a Resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se anuncia a licitación do contrato de servizo para a realización de labores de seguridade e saúde da obra da variante de Aradas en Santiago de Compostela, de clave AC/10/020.01, AT/013/2016.

Advertido un erro na publicación da documentación que rexe esta licitación, consistente en que o cadro de características non estivo á disposición dos licitadores no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=92651) ata o día 10 de xaneiro de 2017, procédese a ampliar o prazo de presentación de ofertas.

Polo tanto, o novo prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 29.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas