Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo para a elaboración do plan tecnolóxico de modernización do transporte público en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0013).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a elaboración do Plan de sistemas de información para a modernización do transporte público en Galicia. O plan de sistemas será o marco de referencia para o desenvolvemento de sistemas de información que respondan aos obxectivos estratéxicos da Dirección Xeral de Mobilidade no período 2017-2020.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 3 meses contado a partir do 1 de marzo de 2017. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 3 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 40.134,30 €, máis 8.428,20 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 48.562,50 € (corenta e oito mil cincocentos sesenta e dous euros con cincuenta céntimos).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación y da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=101078.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia