1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de xestión da seguridade na plataforma tecnolóxica relativa a infraestruturas e aplicacións corporativas da Xunta de Galicia xestionadas pola Amtega.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do obxecto do presente contrato será de 24 meses a contar a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: urxente, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 690.000,00 € máis 144.900,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 834.900,00 € (oitocentos trinta e catro mil novecentos euros) que se distribúe nas seguintes anualidades:
• 2017: 258.750,00 € + IVE (54.337,50 €) = 313.087,50 €.
• 2018: 345.000,00 € + IVE (72.450,00 €) = 417.450,00 €.
• 2019: 86.250,00 € + IVE (18.112,50 €) = 104.362,50 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=101074
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 10.2.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de publicación do anuncio previo ao DOUE: 20.10.2016.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 5.1.2017.
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia