Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/379-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Gadauto, S.A.

Domicilio social: avda. das Mariñas, 290, Perillo, 15173 Oleiros.

Denominación: proxecto: instalación de centro de transformación prefabricado para nave dedicada á venda e reparación de vehículos.

Situación: avda. das Mariñas, 290, Perillo, 15173 Oleiros.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, con inicio e fin na liña de distribución SMC725, entre os centros de transformación 15CVG8 e 15CTG9, logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2), Al, lonxitude 2,8 + 2,8 m.

Centro de seccionamiento en caseta prefabricado de formigón compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de paso de barras, seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural en baño de aceite mineral e relación 15 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 27 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña