Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e suxeita a regulación harmonizada, do servizo para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria centrada no novo modelo industrial e na creación de emprego (expediente 02/2017 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 23 e 981 54 55 22.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 02/2017 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento dunha campaña publicitaria de ámbito galego centrada no novo modelo industrial e na creación de emprego.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e abranguerá ata o 15 de novembro de 2017. A duración da campaña publicitaria non poderá exceder 15 semanas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 1.297.520,66 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.297.520,66 euros. Importe total: 1.570.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

Non se exixe. Non obstante, no caso de ter a seguinte: grupo T, subgrupo 1, categoría 5 –antiga categoría E–, esta será substitutiva da solvencia referida nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): conforme o disposto nas cláusulas F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 10 de febreiro de 2017 (40 días naturais desde a data do envío do anuncio ao DOUE).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG. A publicación no DOUE, polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de xaneiro de 2017.

12. Outras informacións:

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario debe facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada na cláusula 19.2 do PCAP. As obrigas, tanto de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento a/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=99264

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

O conselleiro de Economía e Industria
P.D. (Orde 10.6.2016; DOG núm. 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria