Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 2018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2016/259-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT As Lamas.

Situación: As Lamas, Xinzo de Limia.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 7 m, con orixe no poste existente nº BGFEHKGV/D37 da LMT XIN812 e remate no CT proxectado As Lamas de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aérea de 90 m con condutor RZ derivada do CT proxectado As Lamas.

Orzamento: 21.328,58 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que coide pertinente ao seu dereito.

Ourense, 22 de decembro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense