Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2017 Páx. 1854

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 194/2017, do 10 de xaneiro, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia.

O artigo 14, no seu número 1, letras c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, establece que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vogais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por catro vogais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

Comunicados polo presidente do Parlamento de Galicia, os vogais designados en virtude do artigo 14.1.c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear vogais xudiciais da Xunta Electoral de Galicia os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que a seguir se indican:

– Antonio García Amor.

– Fernando Alañón Olmedo.

– Azucena Recio González.

– José María Gómez y Díaz-Castroverde.

Artigo 2

Nomear vogais da Xunta Electoral de Galicia os profesores que a seguir se indican:

– Ángel Gómez-Iglesias Casal.

– Jesús Martínez Girón.

– Santiago Antonio Roura Gómez.

– Francisco Javier Sanjiao Otero.

Disposición adicional

De conformidade co establecido nos artigos 14.1.a) e 15.2 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, a Xunta Electoral de Galicia está composta ademais por un presidente, que será o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e un secretario, o letrado maior do Parlamento de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente