En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil dezasete,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Lourdes Vilachán Angueira, como directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil dezasete
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade