Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (485/2015).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 485/2015 deste xulgado do social se ditou resolución o 21.12.2016, contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún. Os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no devandito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Resinas Siresa, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza