Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1508

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (456/2016).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que no procedemento ordinario 456/16-T se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o dezaoito de novembro de dous mil dezaseis.

Ana Araceli Muñoz Martin, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario 456/2016-T seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Recreativos Miami, S.A., con CIF A36644722, representada pola procuradora Gemma Alonso Fernández e asistida do letrado José Carlos Palmou Cibeira, e doutra como demandada Explotaciones Hosteleras Ruanova, S.L. e César Zurita Garrido, declarados en situación procesual de rebeldía, ditou a seguinte sentenza e

Resolución.

Estimando integramente a demanda interposta por Recreativos Miami, S.A. fronte a Explotaciones Hosteleras Ruanova, S.L. e César Zurita Garrido, debo condenar e condeno a esta a aboar en forma solidaria á parte demandante a cantidade de 10.243,18 euros máis os xuros pactados do 16 % anual que se devindiquen ata o completo pagamento.

Imponse o pagamento das custas aos demandados en forma solidaria.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Expídese o presente co fin de que sirva de notificación a Explotaciones Hosteleras Ruanova, S.L. e César Zurita Garrido, actualmente en ignorado paradoiro.

Vigo, 7 de decembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza