Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2017 Páx. 1511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1012/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1012/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Castro Pena contra Ventanas y Galerías Vencor, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Acórdase acceder ao Rexistro Mercantil Central a través dos medios telemáticos deste xulgado.

– Citar as partes para que comparezan o día 26.1.2017 ás 9.55 en planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 26.1.2017 ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que en caso de non comparecer nin alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda, non impedindo a celebración dos actos de conciliación e xuízo a non comparecencia do demandado, continuando o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Además, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Ventanas y Galerías Vencor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza