Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO de convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato de subministración e instalación do equipamento para unha cociña industrial para o albergue de cazadores de Vilariño de Conso.

Por medio do presente anuncio realízase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato de subministración e instalación do equipamento para unha cociña industrial para o albergue de cazadores de Vilariño de Conso.

1. No perfil de contratante publícanse íntegros os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas que rexerán a contratación.

2. Entidade adxudicadora: Concello de Vilariño de Conso.

3. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

4. Obtención de información: no perfil de contratante do concello (www.vilarinodeconso.es) e nas propias dependencias municipais.

5. Denominación do proxecto: subministración e instalación de equipamento para unha cociña industrial para o albergue de cazadores de Vilariño de Conso.

6. Tipo de contrato: subministración.

7. Procedemento: aberto.

8. Tramitación: ordinaria.

9. Orzamento/valor estimado: 33.057,85 € + 6.942,15 € de IVE = 40.000,00 €.

10. Prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Vilariño (rúa do Museo, 3, Vilariño de Conso) ou por correo.

A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto nos pregos de claúsulas administrativas, que estarán publicadas no perfil de contratante do Concello de Vilariño de Conso, no cal consta a documentación precisa e demais datos necesarios para a licitación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante o órgano de contratación do Concello no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Vilariño de Conso, 14 de decembro de 2016

Ventura Sierra Vázquez
Alcalde