Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública do expediente da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, relativo á delimitación do núcleo rural de Soutullo-2 e á redelimitación do núcleo rural de Rial, no municipio de Sanxenxo.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse a información pública o expediente de modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, relativo á delimitación do núcleo rural de Soutullo-2 e á redelimitación do núcleo rural de Rial, no municipio de Sanxenxo.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Sanxenxo, 28 de novembro de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde