Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 (publicado no BOE do 26 de outubro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro),
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía (European Master in Lexicography) pola Universidade de Santiago de Compostela; a Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña); a Károli Gáspár Református Egyetem (Hungría); a Stellenbosch University (República Surafricana); a Uniwersytet Śląski W Katowicach (Polonia); a Universidade do Minho (Portugal); a Università degli Studi di Roma Tre (Italia) e a Université de Lorraine (Francia), que quedará estruturado segundo consta no anexo.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016
Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario Erasmus Mundus en Lexicografía
Código RUCT: 4316053.
Rama de coñecemento: artes e humanidades.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela; Karoli Gaspar Reformatus Egyetem; Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg; Stellenbosch University; Universidade do Minho; Università Degli Studi Roma Tre; Université de Lorraine; Uniwersytet Śląski w Katowicach (University of Silesia).
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
40 |
Optativas |
40 |
Prácticas externas obrigatorias |
10 |
Traballo fin de máster |
30 |
Créditos totais |
120 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
Fundamentos básicos de lexicografía |
OB |
10 |
Módulo básico |
Panorama da lexicografía monolingüe, bilingüe e multilingüe das linguas románicas |
OB |
5 |
|
E-lexicografía monolingüe, bilingüe e multilingüe das linguas románicas |
OB |
5 |
|
Lingua: inglés |
OP |
5 |
Módulo de destrezas xerais |
Lingua: alemán |
OP |
5 |
|
Outras linguas |
OP |
5 |
|
Informática |
OP |
5 |
|
Metalexicografía |
OP |
5 |
Módulos avanzados (optativas comúns) |
Historia da lexicografía |
OP |
5 |
|
Lexicografía didáctica |
OP |
5 |
|
O dicionario e o seu uso |
OP |
5 |
|
Dicionarios especializados, léxicos e enciclopedias |
OP |
5 |
|
Lexicografía computacional |
OP |
5 |
|
Dicionarios e tradución |
OP |
5 |
|
Lexicografía e lexicoloxía |
OP |
5 |
|
Planificación e deseño de dicionarios |
OP |
5 |
|
Elección de problemas do dicionario, da lexicografía e da investigación de dicionarios |
OB |
10 |
Módulos avanzados (obrigatorias) |
Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño I |
OB |
5 |
|
Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño II |
OB |
5 |
|
Prácticum |
OB |
10 |
|
Traballo fin de máster |
OB |
30 |
Traballo fin de máster |
Durante o primeiro semestre os estudantes deberán cursar as materias do módulo básico (20 ECTS) e un mínimo de 5 ECTS do módulo de destrezas xerais (é posible un recoñecemento de ata 10 ECTS deste módulo, aínda que os alumnos poderán cursar ata 15). Os alumnos rematarán este semestre cun total de 25-30 ECTS.
O segundo semestre corresponde ao período de mobilidade: impártese exclusivamente nunha das universidades do consorcio, onde se desprazan tanto os docentes como o alumnado de todas as universidades. Neste semestre os estudantes deben completar os 60 ECTS correspondentes ao primeiro curso (é dicir, cursarán 35 ou 30 ECTS, en función dos créditos superados no 1º semestre).
O terceiro semestre serve para que os estudantes adquiran unha formación altamente especializada e para que apliquen os coñecementos adquiridos durante o segundo semestre. Os estudantes deberán cursar os 30 ECTS dos módulos avanzados (incluído o prácticum).
No cuarto semestre preténdese capacitar o alumnado para que saiba aplicar os coñecementos teóricos a situacións concretas e para que sexa capaz de abordar de modo crítico cuestións lexicográficas. É o cuadrimestre en que se realiza o traballo fin de máster (30 ECTS).
Esta titulación non contempla especialidades ou itinerarios.