Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016 (publicado no BOE do 26 de outubro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro),
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará estruturado segundo consta no anexo.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016
Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Xornalismo e Comunicación: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 4315656.
Rama de coñecemento: ciencias sociais e xurídicas.
Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias |
21 |
Optativas |
27 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
60 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
Documentación. Xestión e visualización de datos |
OB |
3 |
Materias obrigatorias |
Narrativas xornalísticas: novos xéneros e linguaxes |
OB |
6 |
|
Novos formatos, produtos e soportes |
OB |
6 |
|
Escritura e contidos en liña |
OB |
3 |
|
Tendencias nos modelos de negocio en xornalismo |
OB |
3 |
|
Perfís actuais do profesional da información e da comunicación |
OP |
3 |
Optativas xerais |
Produtos culturais no ecosistema comunicativo da sociedade en rede |
OP |
3 |
|
Evolución dos medios de comunicación na sociedade do coñecemento |
OP |
3 |
|
Métodos de investigación cualitativa e cuantitativa |
OP |
6 |
Optativa vinculada saída investigadora |
Prácticas en empresas (6 ECTS) |
OP |
6 |
Optativa vinculada saída profesional |
Planificación: estratexias, usuarios e audiencias |
OP |
3 |
Optativas de especialidade: ideación e creación de produtos multimedia |
Ideación, creatividade e narración |
OP |
3 |
|
Usabilidade e arquitectura |
OP |
3 |
|
Produción, valoración e extensión |
OP |
3 |
|
Laboratorio de produtos multimedia |
OP |
3 |
|
Novos escenarios informativos |
OP |
3 |
Optativas de especialidade: elaboración e xestión de contidos informativos |
Tendencias no uso e consumo da información |
OP |
3 |
|
Debates abertos: do empoderamento cidadán á intoxicación |
OP |
3 |
|
Adaptación das rutinas produtivas ao escenario converxente |
OP |
3 |
|
Laboratorio de contidos informativos |
OP |
3 |
|
Traballo fin de máster |
OB |
12 |
Traballo fin de máster |
Neste máster os alumnos poden optar entre unha saída investigadora e outra profesional. Para a saída investigadora terán que cursar necesariamente a materia: métodos de investigación. Para a saída profesional deberán realizar a materia de prácticas externas.
Independentemente do anterior, poden optar por realizar unha das dúas especialidades ofertadas polo máster:
– Especialidade en ideación e creación de produtos multimedia.
– Especialidade en elaboración e xestión de contidos informativos.
Para obter o título cunha especialidade, o alumno deberá cursar as cinco materias optativas vinculadas a esa especialidade, dentro do módulo correspondente. Tamén poderá obter o título sen especialidade elixindo libremente as materias optativas.