Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1283

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación pública do alugamento de distintos tipos de elementos de animación infantil (inchables e festas da escuma), a animación, a montaxe e a desmontaxe en distintos puntos da cidade.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: alugamento de distintos tipos de elementos de animación infantil (inchables e festas da escuma), a animación, a súa montaxe e desmontaxe en distintos puntos da cidade.

3. Prezo do contrato: orzamento anual máximo que asumirá o IMCE: 38.000,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 31.404,96 € e 6.595,04 € ao IVE correspondente.

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 3.140,50 € (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante: www.coruna.es. Enderezos de correo electrónico: para consultas administrativas: a.canosa@coruna.es; para consultas técnicas: j.rodriguez@coruna.es

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: prezo, características técnicas e de deseño e melloras (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, que finalizará ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que se deberá presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinalen no perfil de contratante www.coruna.es

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 13 de decembro de 2016

O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos