Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1285

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Estación de Inverno de Manzaneda, S.A.

ANUNCIO para a contratación da licitación, en libre concorrencia, da execución da obra civil e instalacións reflectidas no proxecto construtivo, así como da subministración do sistema de innivación, a súa xustificación e posta en servizo.

O Consello de Administración da sociedade Estación de Invierno Manzaneda, S.A., en reunión do día 22 de decembro de 2016, aprobou por unanimidade o prego de condicións xerais e o prego de prescricións técnicas do expediente de contratación, en libre concorrencia, do contrato para a execución da obra civil e instalacións reflectidas no proxecto construtivo, así como a subministración do sistema de innivación, a súa xustificación e posta en servizo, para a licitación por procedemento aberto, que se adxudicará á oferta economicamente máis vantaxosa, con múltiple criterio de valoración.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Entidade adxudicadora: Estación de Invierno Manzaneda, S.A.

b) Órgano de contratación: Consello de Administración de Estación de Invierno Manzaneda, S.A.

c) Obtención da documentación e información. Domicilio da sociedade: Estación de Montaña Manzaneda, s/n.

Teléfono: 988 30 90 90.

Fax: 988 31 08 75.

Correo electrónico: contratacion@manzaneda.com.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://ocahotels.com/manzaneda/perfil-contratante.

2. Obxecto do contrato:

Execución das obras e instalacións, a subministración do sistema de innivación e a posta en marcha dos traballos que se licitan de acordo co proxecto de construción aprobado, o prego de cláusulas xerais e o prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: (epígrafe K do PCAP), oferta técnica e criterios avaliables mediante un xuízo de valor (PT máximo 100 puntos, 40 % da puntuación total); criterios avaliables mediante fórmulas ou porcentaxes (hasta 120 puntos, 60 % da puntuación total).

4. Importe máximo de licitación:

Orzamento de licitación (sen IVE) cinco millóns cento sete mil oitocentos trinta e oito euros con setenta e cinco céntimos (5.107.838,75 €).

Importe do IVE: un millón setenta e dous mil seiscentos corenta e seis euros con catorce céntimos (1.072.646,14 €).

5. Garantías exixidas:

Provisional (%): 1 % do orzamento máximo de licitación, IVE excluído. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de condicións xerais e no prego de prescricións técnicas.

7. Presentación de proposicións:

Data límite de presentación: 17 de febreiro de 2017, ás 14.00 horas.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións xerais e no prego de prescricións técnicas.

Lugar de presentación: nas oficinas da sociedade, sitas na Estación de Montaña Manzaneda, s/n, A Pobra de Trives, 32780 Ourense, días laborables, das 9.00 ás 18.00 horas, ou no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense, sita na rúa Progreso, 32, Ourense.

8. Apertura de proposicións:

Publicarase na páxina web: http://ocahotels.com/manzaneda/perfil-contratante.

9. Outra información:

Prego de condicións xerais, prego de prescricións técnicas e demais documentación que figura no expediente de contratación.

10. Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario: límite 2.000,00 €.

Manzaneda, 22 de decembro de 2016

Cristina Pedrosa Leis
Secretaria do Consello de Administración de Estación de Invierno Manzaneda, S.A.