Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2016/2414-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cristalería Padronesa, S.L.

Domicilio social: rúa Campo do Doce, A Escravitude, 15900 Padrón.

Denominación: LMTS e CT de 400 kVA en caseta prefabricada.

Situación: rúa Campo do Doce, A Escravitude, 15900 Padrón.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, con inicio e fin na liña de distribución PAD806, entre o apoio 44 e o CT 15CKVN, logo de entrar e saír no CS proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2) Al, lonxitude 86 m.

Centro de seccionamento en edificio prefabricado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Centro de transformación en edificio prefabricado compartido co CS, con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kA) e un transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 27 de decembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña