Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2017 Páx. 1237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 27 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fan públicas varias resolucións relativas a expedientes do ano 2016 (procedemento TR349A e dous máis).

Unha vez intentada a notificación da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselles ás persoas interesadas o contido de dita resolución como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, sito na avda. da Habana, 79, 7º andar de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Ourense, 27 de decembro de 2016

Alonso Tomás Paz Dóniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR349A 2016/40-3.

Nome ou razón social: Mª Elia Álvarez Vázquez.

DNI/NIF/NIE/CIF: 34984066P.

Último domicilio coñecido: r/ Río Camba, 6, 9º B; 32001 Ourense.

Tipo de axuda: programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: denegatoria.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo).

Dada da resolución: 9 de novembro de 2016.

Nº de expediente: TR349C 2016/34-3.

Nome ou razón social: Loman, S.L.

DNI/NIF/NIE/CIF: J32431330.

Último domicilio coñecido: r/ Serra de San Mamede, 4, baixo; 32005 Ourense.

Tipo de axuda: programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.

Contido da resolución: denegatoria.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo).

Dada da resolución: 30 de novembro de 2016.

Nº de expediente: TR349F 2016/37-3.

Nome ou razón social: Ana Paula Neris dos Santos.

DNI/NIF/NIE/CIF: X9707710P.

Último domicilio coñecido: r/ Rivela-Albarellos, 149; 32618 Monterrei; Ourense.

Tipo de axuda: programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Contido da resolución: favorable.

Orde da convocatoria das axudas: Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Dada da resolución: 2 de decembro de 2016.