Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 1015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016 pola que se incrementa o orzamento da oferta pública de adquisición dos terreos mediante compra para o desenvolvemento das etapas 3ª (fase B), 4ª, 5ª e 6ª do solo residencial de San Paio de Navia, establecido na Resolución do 17 de xuño de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) do 17 de xuño de 2016 (DOG núm. 123, do 30 de xuño) acórdase realizar unha oferta pública de adquisición dos terreos mediante compra para o desenvolvemento das etapas 3ª (fase B), 4ª, 5ª e 6ª do solo residencial de San Paio de Navia. Na dita oferta pública determínase como importe máximo de adquisición a cantidade de 8.000.000 de €, con cargo á aplicación 08.80.451B.607.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016. Non obstante, a citada resolución recolle que a contía podería ser incrementada en virtude das dispoñibilidades orzamentarias do IGVS.

Segundo. Mediante Resolución da Dirección Xeral do IGVS do 20 de setembro de 2016 (DOG núm. 185, do 28 de setembro) modificáronse os prazos da epígrafe I) da citada resolución, que quedaron fixados nos seguintes termos:

a) Terreos sen elementos susceptibles de seren valorados:

• Prazo de presentación das ofertas: ata o 31 de outubro de 2016.

b) Terreos con elementos para valorar unilateralmente pola Administración, conforme o anexo da Resolución do 17 de xuño de 2016, e sen edificacións ou elementos singulares:

• Prazo para notificar a valoración da Administración, no caso de existir desconformidade coa valoración dos elementos existentes: 1 mes contado desde o 31 de outubro.

• Prazo de comunicación dos titulares para aceptar a valoración proposta pola Administración: os 20 días seguintes á notificación.

• Prazo de presentación das ofertas: ata o 31 de outubro de 2016.

c) Terreos con edificacións e/ou elementos singulares para valorar mediante un expediente contraditorio entre os seus titulares e a Administración:

• Prazo da Administración para notificar a súa conformidade ou a oferta contraditoria: antes do 31 de outubro de 2016.

• Prazo de comunicación dos titulares se aceptan a valoración proposta pola Administración: os 20 días seguintes á notificación.

Terceiro. Unha vez analizada a documentación presentada polos propietarios dos terreos a que vai dirixida a oferta, advírtese que a contía inicialmente prevista na Resolución do 17 de xuño de 2016 resulta insuficiente; en consecuencia, é necesario incrementar en 2.000.000 de € o importe máximo da oferta pública de adquisición, que pasa a ser de 10.000.000 €, con cargo á aplicación 08.80.451B.607.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, coa seguinte distribución de anualidades:

• Ano 2016: 8.000.000 de €.

• Ano 2017: 2.000.000 de €.

Por maior abastanza, a ampliación dos prazos a que se refire o punto segundo supuxo que os propietarios puidesen presentar os seus escritos para acollerse á referida oferta pública ata o 31 de outubro de 2016. A dificultade para obter as autorizacións de todos os propietarios, para os efectos de realizar as comprobacións das valoracións dos bens existentes nas súas propiedades, así como a necesidade de efectuar, nalgúns casos, unha segunda notificación aos titulares, respecto ás valoracións periciais realizadas, motiva que existan propietarios que aínda estean en prazo para presentar o seu correspondente escrito da aceptación. Todo isto imposibilita que se poida resolver o presente expediente no exercicio de 2016, tendo en conta as preferencias que foron establecidas na Resolución do 17 de xuño de 2016, para o caso de que a contía prevista non fose suficiente para dar cobertura a todas as aceptacións presentadas.

Consideracións legais.

A presente resolución dítase ao amparo da habilitación prevista na Resolución do 17 de xuño de 2016, pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición dos terreos mediante compra para o desenvolvemento das etapas 3ª (fase B), 4ª, 5ª e 6ª do solo residencial de San Paio de Navia, no relativo ás condicións económicas, no cal se recolle a posibilidade de que a contía orzamentaria podería ser ampliada en virtude das dispoñibilidades orzamentarias do IGVS.

De conformidade con todo o indicado,

RESOLVO:

Incrementar o orzamento da oferta pública de adquisición dos terreos mediante compra para o desenvolvemento das etapas 3ª (fase B), 4ª, 5ª e 6ª do solo residencial de San Paio de Navia en 2.000.000 de €, con cargo á aplicación orzamentaria 08.80.451B.607.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, ao establecido pola Resolución do 17 de xuño de 2016. Como consecuencia, queda determinado como importe máximo da oferta pública de adquisición a cantidade de 10.000.000 de € con cargo á aplicación 08.80.451B.607.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, coa seguinte distribución de anualidades:

• Ano 2016: 8.000.000 de €.

• Ano 2017: 2.000.000 de €.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo