Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 1018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de decembro de 2016, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-2/2015 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo sito na avda. Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 14 de decembro de 2016

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-02/2015.

Persoa interesada: José Alfonso Quiroga Berdeal (Soc. Vilanova Ex. e Prom. Inmobiliaria, S.L.).

NIF: B27221985.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: E.S..LU-14/2015.

Persoa interesada: Procovisa Aceña, S.L.

NIF: B27359769.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.