Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 452

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (645/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 645/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Goimil Señarís contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Administración Concursal de Sumtec, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Téñense por desistido a José Ramón Goimil Señarís, da acción exercida fronte á entidade Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foron interpostas por José Ramón Goimil Señarís, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Administración Concursal de Sumtec, S.L., que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de resolución de contrato, foi interposta por José Ramón Goimil Señarís, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a José Ramón Goimil Señarís, coa entidade Montajes Eléctricos Sumtec, S.L., con efectos do 27 de xaneiro de 2016, debo condenar e condeno solidariamente as empresas Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., a que abone ao demandante a indemnización a razón de 26.826,52 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interpuesta por José Ramón Goimil Señarís, contra as entidades Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., e a Administración Concursal de Sumtec, S.L., a que abone á demandante a cantidade de 10.942,19 euros brutos por salarios devindicados entre outubro de 2014 e abril de 2015, ambos inclusive, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais. Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Ramón Goimil Señarís, contra a entidade Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., á que debo absolver do peticionado na súa contra. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xuzgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para o seu inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza