Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 238

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de decembro de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) de la citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Facenda e pódense presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo, persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, considerándose neste sentido de non se emitir no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal se seleccionou.

Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG o/a funcionario/a seleccionado/a non puidese incorporarse ao posto de traballo por non atoparse resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considérase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. Esta convocatoria resolveraa a Consellería de Facenda. A resolución publicarase no DOG e, se se considera oportuno, poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, rerguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Denominación: subdirector/a xeral de Xestión do FSE e Outros Programas Comunitarios.

Código do posto: FCC060000215770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.205,56 €.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral/especial/xeral (escala finanzas).

Tipo de adscrición: ( A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento galego (RI).

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file