Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2016 pola que se notifica o acordo mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio 27, sito en Sanxenxo, relativo ao proxecto 01566 (expediente 2015001368).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula, ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01566. Terreos de particulares incluídos no Plan especial de infraestruturas e dotacións da zona E69b PXOM de Sanxenxo no Rebel (Vilalonga). Expediente Em-001/15

Concello: Sanxenxo

Provincia: Pontevedra

Expropiante: Concello de Sanxenxo

Beneficiario: Concello de Sanxenxo

Acto notificado: resolución de recurso de reposición

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº do expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Francisco Javier Velón de Francisco

Pedro Velón de Francisco

6.10.2016

6.10.2016

2015001368

2015001368

27

27

7.386,70

7.386,70