Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2016 pola que se notifica o Acordo do 27 de outubro de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 99co3, sito en Noia, relativo ao proxecto 01587, expediente 2016/000695.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Aurelia Suárez Martínez o Acordo do 27 de outubro de 2016 que fixa o prezo xusto do predio 99co3, sito en Noia, relativo ao proxecto 01587, expediente 2016/000695, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01587-Modificado nº 3 conexión do corredor Brión-Noia coa estrada Ac-550 en Taramancos (Noia). Clave: Ac/09/112.01.m3.

Nº de expediente: 2016/000695.

Persoa que se vai notificar: Aurelia Suárez Martínez.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.

Expropiada: Aurelia Suárez Martínez.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas da Coruña.

Predio: 99co3.

Concello: Noia.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do Xurado: 313,33 €.