Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 177

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Igrexa-Vilamaior, Ordes.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2016, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Igrexa-Vilamaior, Ordes, promovido pola Asociación Veciñal da Parroquia de Vilamaior.

O contido íntegro do plan estará á disposición do público no enderezo electrónico: www.ordes.gal

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Ordes, 18 de decembro de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente