Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos non incorporados á xunta de compensación SUD-7 (expediente FG 610).

Por Resolución desta Alcaldía nº 4991 de data 14 de decembro de 2016, acordouse aprobar inicialmente con condicións o proxecto de expropiación de terreos non incorporados á xunta de compensación do SUD-7, en oleiros. Parcelas catastrais nº 15059A03000436, 15059A03000202, 15059A03000067, 15059A03000198, 15059A03000427 (1/6 da propiedade).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, de 8.30 a 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se xulguen oportunas.

Oleiros, 20 de decembro de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde-presidente